1 Outono, Venres 19:00 - ESTREA: MENSAXE SEN BOTELLA no Forum Metropolitano / A Coruña.Jean Pierre Dumond é un home maniático e perfeccionista, vive só e adícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ó seu faiado dentro de botellas de diferentes tamaños e cores. Dumón encargase de entregarllas a Gastón, o seu amigo e compañeiro alado, para que este as deixe voando no alfeizar da ventá do seu destinatario.
Dumond é feliz na súa rutina diaria, mais un día chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella...
Caramuxo teatro presenta un espectáculo que fala das relacións entre dúas persoas ben distintas que terán que bscar un punto en común para entenderse.
Unha proposta emotiva, visual e poética que mistura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente.
Vía Caramuxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario